O vigairo xeral é, dentro da xerarquía da Igrexa católica, un auxiliar do bispo na súa diocese, que lle axuda no goberno desta. As súas funcións varían, pois depende da vontade do bispo. Nalgunhas dioceses, o seu bispo auxiliar, pode ser vigairo xeral, aínda que tamén noutras poden ser todos os seus bispos auxiliares, de acordo á cantidade de habitantes que teña a mesma. Poden ser especializados en diversas temáticas, como Pastoral e Movementos Eclesiásticos. Un segundo tipo de vigairo xeral, é o de Pastoral, debendo asumir esta tarefa, tanto os bispos auxiliares, como sacerdotes nomeados polo bispo diocesano. En ausencia ou vacancia por morte ou traslado de Diocese, e mesmo por calquera incapacidade ou renuncia do titular, o vigairo xeral suple a tarefa deste último, mesmo se este é un dos seus bispos auxiliares ou un cura nomeado polo bispo diocesano, baixo o título de administrador apostólico, nomeado pola Santa Sé ou diocesano, se corresponde ao Colexio de Consultores.